Pousavasos

46,00

Pousavasos de deseño xeométrico en coiro

A combinación de rombos de pel de diferentes cores e unha base de cortiza son os elementos estruturais do deseño dos pousavasos. Fáciles de limpar e coidar, grazas a cera protectora que lle foi aplicada, son pezas duradeiras e lixeiras para uso diario.

As seis unidades, a modo de módulos hexagonais, que forman o conxunto poden combinarse para crear composicións tridimensionais que convirten os pousavasos nunha peza lúdica e divertida.

As pequenas variacións que pode haber entre os acabados duns e doutros forman parte da calidade do produto, xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente e cortiza.

CORES

Combinacións de pel de cores variadas.

COIDADOS

A cera de acabado que levan protéxeos dos líquidos. No día a día poden limparse cun pano húmedo y, despois, secalos.

MEDIDAS

11 x 8,5 cm.