Colgadoiro “brida”

15,0045,00

O colgadoiro de JATAFARTA é o xeito máis orixinal de incorporar pequenas pezas de coiro á decoración do teu fogar. Algo aparentemente tan sinxelo como unha tira de pel convírtese nun colgadoiro grazas ao deseño que fusiona innovación con decoración para poducir estes elementos elegantes, únicos, seguros, cómodos e resistentes para soportar pesos superiores a 5 Kg.

Elegantes grazas aos seus remates, exclusivas e singulares, por estar feitas con coiro de curtido vexetal e de primeira calidade, seguras pola súa colocación e cómodas porque o seu peche, un resistente broche de latón, permíteche abrilas e pechalas tantas veces como queiras.

Os colgadoiros véndense individualmente ou en packs de catro e levan incluídos o parafuso e o taco necesarios para
suxeitalos á parede. Poden ser en acabado natural e tostado e en diferentes cores.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.

CORES

Pel natural e negra. A cor natural poden ir cos bordes pintados en azul, amarelo ou vermello

COIDADOS

Os colgadoiros, aínda que inicialmente non precisan coidados especiais posto que a pel xa está tratada, sempre poden ser hidratados cunha crema específica para coiro ou, no seu defecto, cunha crema hidratante corporal que sexa incolora.