HISTORIA
JATAFARTA é un obradoiro/estudio situado en Galicia que abriu as súas portas en 1998 e actualmente ocupa un espacio en Santiago de Compostela. Adícase fundamentalmente á produción e deseño de obxectos de coiro, sobre todo complementos e pezas de decoración, nos que en ocasión de introducen outros materiais.
Aproximándose á idea de laboratorio, intenta realizar un traballo centrado na procura e no estudo, tanto das diferentes técnicas do oficio e do uso da novas tecnoloxías, como das posibilidades dos materiais e das formas. Optimizar e adaptar os recursos para levar a cabo un traballo máis sostible e responsable, así como axustarse aos parámetros de creatividade, calidade e contemporaneidade, son as premisas que amparan este proxecto.
Paralelamente ao desenvolvemento da súa actividade realiza labores de promoción e a venda directa, polo que participa en numerosas feiras e exposicións, non só no territorio galego e estatal, senón tamén no estranxeiro. Estocolmo, Milán, Londres ou Alemania son algúns dos lugares que visitamos.
Hoxe, as súas creacións distribúense en pequenos comercios, fiel á súa filosofía de respecto polo traballo ben feito e as compras de cercanía, e tamén na súa páxina web, consciente da importancia de chegar canto máis lonxe mellor.
Actualmente o obradoiro está inscrito no rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e pódese atopar na marca Artesanía de Galicia.
MATERIAIS
Utilízanse materias de primeira calidade, peles de curtido vexetal a base de taninos naturais elaborados mediante procesos artesanais e tradicionais onde o coiro cru convértese nun material que perdura no tempo e coa a mesma é respetuoso co medio ambente.