Espello estante
85,00€ – 158,00€
Espello redondo de madeira e coiro
Unha nova interpretación dos aros da peneira dálles un particular uso como marcos para espellos e bastidores que soportan o coiro que xera o estante. A peza complétase cunha correa a modo de cinturón regulable gracias ás fibelas de latón que, á súa vez, exercen de soporte para colgalo.
O Espello-estante, funcional e decorativo, é o complemento perfecto, versátil e fácil de colocar en calquera espacio. O tratamento do coiro e da madeira, ó natural, permítelle á pátina do tempo deixar a súa pegada sobre a peza.
As pequenas variacións que pode haber entre os diferentes espellos-estantes son froito da súa elaboración artesanal, das particularidades dos materias e forman parte da calidade do produto e do traballo manual.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente e madeira de piñeiro.
CORES
Pel natural clara e natural tostada.
COIDADOS
A peza é resistente e duradeira xa que a madeira e o coiro están protexidos con ceras e cremas naturais. A ausencia de vernices fai que o espello-estante mude co paso do tempo debido á oxidación dos materias, escurecendo a peza de xeito gradual.