Bolso Aarhus
185,00€
Bolso rectangular de correa regulable
Bolso elegante e minimalista con correa axustable que se pode levar de man ou colgado no ombro. Pecha gracias a unha banda horizontal de coiro de maneira que non leva ferraxes. Adáptase a un ordenador portátil de 13 polgadas
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Pel negra, natural e vermella.
MEDIDAS
Longo: 23,5 cm.
Alto: 31 cm.
Ancho: 7 cm.
COIDADOS
Para que esta peza se manteña intacta procura gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para o coidado da pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécaa delicadamente cun pano, nunca co secador.