URBANA

450,00

Bolso multifuncional

Urbana é un bolso ríxido que parte dun volume de liñas rectas a modo de caixa, con peches magnéticos e correa regulable. Ten ademais un peto exterior aberto que permite levar obxectos de maior tamaño, coma unhas flores, unha botella de viño, unha barra de pan, un xornal, un paraugas ou incluso unha prenda de roupa colgada. Esta peza foi finalista nos premios Artesanía de Galicia 2021

Para a versión comercial que ofrecemos coa opción de compra baixo pedido, o deseño é similar e o bolsillo exterior máis funcional adaptándose ao tamaño da carteira de man con compartimentos para tarxetas, moedas e billetes

As pequenas variacións que pode haber entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal, das particularidades do material e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido

CORES

Pel negra e forro ocre

COIDADOS

Para alongar a vida do bolso Brick procura gardalo nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para mantener a pel é recomendable hidratalo unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante diaria (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, debes secalo delicadamente cun pano suave, nunca co secador.

MEDIDAS

Longo: 22, 5 cm.
Alto: 16 cm.
Ancho: 7 cm.

Tamén che recomendamos…

  • Arnés con carteira vertical

    340,00