Boîte grande
125,00€
Seguindo as depuradas e xeométricas liñas doutros produtos, as carteiras con cinto unisex ” Bôite” adáptanse perfectamente a cinturas e cadeiras grazas ao seu cinturón de pel axustable.
De aspecto sólido e apariencia ríxida, o seu tamaño e a súa superficie lisa, onde destacan as costuras feitas a man con fío encerado e os cantos brunidos, dotan a esta peza dunha imaxe única.
As pequenas variacións que pode haber entre elas forman parte da calidade do produto xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Pel negra e vermella.
COIDADOS
Para que a carteira con cinto se manteña intacta procura gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para o coidado da pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécaa delicadamente cun pano, nunca co secador.
MEDIDAS
25 X 14 X 4 cm.