Orellas de rato

35,00

Diademas de animais e coiro

A serie TÍMPANOS conxuga o traballo artesanal co literario nas súas cinco pezas; cada diadema emula as orellas dun animal (gata, can, burro, porco e rato) e vai acompañado dun texto escrito ex profeso por unha escritora ou escritor galego.

Deste xeito, lógrase a simbiose entre o traballo plástico e o intelectual, entre o texto de Samuel Solleiro e as orellas de rato.

As pequenas variacións que pode haber entre unha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.

CORES

Pel negra e natural.