Reloxos

45,0075,00

Reloxos feitos de coiro de diversas cores e tamaños

Na liña de decoración que crea pezas únicas e útiles á vez que reinterpreta os elementos máis habituais do fogar, Jatafarta propón estes reloxos deseñados partindo da xeometría e o propio material sen apenas elementos ornamentais. As pezas cortadas, tinxidas e fixadas á base de madeira nun proceso artesanal, preséntanse en diferentes cores e tamaños creando así elementos perfectos para calquera espazo.

Os cantos brunidos, o soporte de madeira ou os números cosidos a man, fan dos reloxos de Jatafarta pezas únicas nas que o coiro, a modo de lenzo, convértese no protagonista principal.

CORES

Pel negra, marrón e natural

MATERIAIS

Pel de curtido vexetal e madeira

MEDIDAS

Grande: 35,5 x 35,5 cm.

Mediano: 26 x 26 cm.

Pequeno: 16 x 16 cm.

COIDADOS

O tratamento da pel permítelle manterse como o primerio día, se ben, pódese coidar aplicándolle unha crema hidratante incolora e non expoñéndoo directamente á luz solar ou aos líquidos. Para a limpeza diaria é recomendable quitarlle o po cun pano seco e suave.