URBANA
380,00€
Bolso multifuncional
Urbana é un bolso ríxido que parte dun volume de liñas rectas a modo de caixa, con peches magnéticos e correa regulable. Ten ademais un peto exterior aberto que permite levar obxectos de maior tamaño, coma unhas flores, unha botella de viño, unha barra de pan, un xornal, un paraugas ou incluso unha prenda de roupa colgada.
O bolso compleméntase cunha funda para un caderno que encaixa perfectamente no oco do peto
As pequenas variacións que pode haber entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal, das particularidades do material e forman parte da calidade do produto.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido
CORES
Pel negra e forro ocre
COIDADOS
Para alongar a vida do bolso Brick procura gardalo nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para mantener a pel é recomendable hidratalo unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante diaria (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, debes secalo delicadamente cun pano suave, nunca co secador.
MEDIDAS
Longo: 22, 5 cm.
Alto: 16 cm.
Ancho: 7 cm.