Orellas de porco
35,00€
Diademas de animais e coiro
Hai existencias
A serie TÍMPANOS conxuga o traballo artesanal co literario nas súas cinco pezas; cada diadema emula as orellas dun animal (gata, can, porco, burra e rato) e vai acompañado dun texto escrito ex profeso por unha escritora ou escritor galego.
Deste xeito, lógrase a simbiose entre o traballo plástico e o traballo intelectual, entre o texto de Ana Salgado e as orellas de porco.
As pequenas variacións que pode haber entre una peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Pel negra e natural