Orellas de can

32,00

Diademas de animais e coiro

A serie TÍMPANOS conxuga o traballo artesanal co literario nas súas cinco pezas; cada diadema emula as orellas dun animal (gata, can, porco, burra e rato) e vai acompañado dun texto escrito ex profeso por unha escritora ou escritor galego.

Deste xeito, lógrase a simbiose entre traballo plástico e traballo intelectual. Neste caso, Olalla Cociña escribe o texto que acompaña as orellas de can.

As pequenas variacións que pode haber entre os acabados das diferentes pezas son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.

CORES

Pel negra ou natural