Espantamoscas
28,00€
Matamoscas de coiro e madeira
Utilidade e artesanía van da man nestas pezas que, xogando con diferentes formas xeométricas, proporciónannos un artefacto cómodo para librarnos das molestas moscas de maneira definitiva. Os matamoscas de JATAFARTA son duradeiros, eficaces e, ademáis, decorativos.
As pequenas variacións que hai entre os acabados dunha peza e doutra son froito da súa elaboración artesanal, das particularidades do material e forman parte da calidade do produto.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal e mango de madeira de piñeiro.
CORES
Pel negra, marrón e vermella.
COIDADOS
As pezas son resistentes e duradeiras pero debes evitar o seu contacto directo co sol, coa agua e con líquidos como o alcol ou o aceite. Para limpalas é suficiente empregar un pano húmido e deixalas secar en posición horizontal para que manteñan a súa forma orixinal.
MEDIDAS
Segundo a forma da pa (redonda, cadrada ou triangular) miden 46.5, 47.5 e 49 cm. de longo.