Carteira “Rulo”
45,00€
Deseño versátil que permite tres posicións segundo como se enrole. No seu formato máis estendido admite tarxetas; no máis compacto funciona como moedeiro e billeteiro converténdose nunha peza alongada e singular que se adapta a diferentes usos cun xesto simple.
As pequenas variacións entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material, formando parte da calidade do produto.
MATERIAL
Pel de vaquetilla curtido vexetal
CORES
Pel negra, vermella, marrón ou natural
COIDADOS
Para prolongar a vida desta carteira, recoméndase gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen peso enriba. Para manter a pel en bo estado, aconséllase hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema indicada para iso ou coa túa hidratante diaria (sempre que non conteña siliconas nin derivados do petróleo). Se se molla, seca con delicadeza cun pano suave, sen usar calor directo.
MEDIDAS
Lonxitude: 10,5 cm
Altura: posición estendida 6 cm / posición enrolada 3 cm
Ancho: posición estendida 1 cm / posición enrolada 2 cm