Carteira Petaca

65,00

Deseño exclusivo e plano, composto por dúas pezas que permiten gardar moedas e un par de tarxetas na parte superior. A súa estrutura compacta e funcional convértea nunha opción ideal para quen busca comodidade e distinción nun só accesorio.

As pequenas variacións entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material, formando parte da calidade do produto.

MATERIAL
Pel de vaquetilla curtido vexetal

CORES
Pel negra, vermella, marrón ou natural

COIDADOS
Para prolongar a vida desta carteira, recoméndase gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen peso enriba. Para manter a pel en bo estado, aconséllase hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema indicada para iso ou coa túa hidratante diaria (sempre que non conteña siliconas nin derivados do petróleo). Se se molla, seca con delicadeza cun pano suave, sen usar calor directo.

MEDIDAS
Lonxitude: 9,5 cm
Altura: 6,5 cm
Ancho: 1 cm