Carteira para tarxetas “Sobre”
55,00€
Con dous compartimentos que permiten gardar ata 15 tarxetas, o seu deseño plano e compacto é ideal para espazos pequenos, mantendo unha gran capacidade nun formato discreto.
As pequenas variacións entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material, formando parte da calidade do produto.
MATERIAL
Pel de vaquetilla curtido vexetal
CORES
Pel negra, vermella, marrón ou natural
COIDADOS
Para prolongar a vida deste tarxeteiro, recoméndase gardalo nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen peso enriba. Para manter a pel en bo estado, aconséllase hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema indicada para iso ou coa túa hidratante diaria (sempre que non conteña siliconas nin derivados do petróleo). Se se molla, seca con delicadeza cun pano suave, sen usar calor directo.
MEDIDAS
Lonxitude: 9 cm
Altura: 6 cm
Ancho: 1 cm