carteira Origami

46,00

Carteira compacta e funcional que permite gardar ata doce tarxetas, ademais de moedas e billetes dobrados no seu interior. Confeccionada a partir dunha soa peza, dóbrase sobre si mesma e péchase con dous broches, creando tres espazos organizados nun formato cómodo de levar en calquera peto.

As pequenas variacións entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material, formando parte da calidade do produto.

MATERIAL
Pel de vaquetilla curtido vexetal

CORES
Pel negra, vermella, marrón ou natural

COIDADOS
Para prolongar a vida desta carteira, recoméndase gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen peso enriba. Para manter a pel en bo estado, aconséllase hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema indicada para iso ou coa túa hidratante diaria (sempre que non conteña siliconas nin derivados do petróleo). Se se molla, seca con delicadeza cun pano suave, sen usar calor directo.

MEDIDAS
Lonxitude: 10,5 cm
Altura: 6 cm
Ancho: 1,5 cm