Bandoleira cruzada
160,00€
Bolso plano sen peches metálicos cun tamaño adaptado para levar os obxectos esenciais diarios. A correa está deseñada para usarse no ombreiro ou cruzada, a súa lonxitude é axustable cun peche de fibela simple, o que permite un axuste cómodo.
As pequenas variacións que pode haber entre elas forman parte da calidade do produto xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Pel negra, marrón e vermella.
COIDADOS
Para que a carteira con cinto se manteña intacta procura gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para o coidado da pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécaa delicadamente cun pano, nunca co secador.
MEDIDAS
20 x 26 x 4 cm.