O Curtido vexetal e as súas particularidades

Queremos inaugurar este blog falando do material que máis utilizamos na produción dos nosos produtos. O coiro de curtido vexetal. Das súas particularidades e sobre todo dos procesos que se levan a cabo para a súa elaboración versa esta primeira entrada.

O coiro, ó ser de orixe orgánica, precisa de diversos procesos para convertirse no material duradeiro que todos coñecemos. Un deles é o  proceso de curtido <para poder ser utilizado> que se leva a cabo nos curtidoiros e <este> que pode ser de diferentes tipos; a a grandes trazos podemos falar de dúas variantes: o curtido vexetal a base de taninos e o curtido ao cromo <que é un proceso no que se utilizan> a base de sustancias químicas.

O curtido vexetal é máis respectuoso co coiro que, ó estar menos manipulado, é máis vivo e así muda ó longo do tempo de maneira máis natural, adoitando unha apariencia nobre que mostra a súa mellor cualidade coa idade. Deste xeito, as pezas envellecen ó seu ritmo e ó seu modo, conferíndolle certa exclusividade a cada unha delas, xa que, cada unha vive o seu tempo de forma individual (varía con uso, co ambiente donde se atopa, cos coidados ou a ausencia deles…).

O proceso realízase nas curtidorías ou tenerías (nome derivado dos elementos usados, os taninos) donde de árbores como a acacia, o quebracho, o castaño, a mimosa ou o carballo extráense os taninos naturais (líquidos ou en pó) que son mesturados coa pel nun tambor de madeira donde os materiais están en contacto por  longo tempo, ata 60 días pode levar o proceso coidados e lento e cuxo resultado é unha pel confortable, elegante e exclusiva. 

A lenta elaboración foi evolucionando co paso do tempo pero, aínda hoxe, o curtido vexetal segue a ser a mellor maneira de obter un produto único, unha pel flexible, apropiada para todo tipo de producións (complementos, calzado, roupa, pezas decorativas…) que, co paso do tempo, adquire personalidaden propiedades e apariencias propias co envellecemento. 

Ó evitar produtos químicos no proceso, as pezas elaboradas con este tipo de pel, como os zapatos trasnpiran mellor e hai quen defende que os taninos son quen de reequilibrar a fibra microbiana do calzado, evitando de xeito natural e seguro contra a causa do mal olor do calzado.