Bolso ovo
Bolso de dobre asa
Cun deseño pensado a partir dunha única peza que deixa as costuras á vista e dúas asas de diferente lonxitude que o envolven, o bolso OVO pódese levar como bandoleira ou como bolso de man. O seu nítido interior, con espacio suficiente para as túas necesidades, e o seu cómodo tamaño convérteno no bolso ideal para o día a día.
As pequenas variacións que pode haber entre eles forman parte da calidade do produto xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Combinación de piel natural, vermella, negra e marrón.
COIDADOS
Para alongar a vida do bolso OVO procura gardalo nun lugar protexido da luz directa y da humidade cheo de papel, de periódico ou papel cebola para evitar alteracións na súa forma, e sen peso enriba. Para manter a pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécao delicadamente cun pano suave e seco, nunca co secador.
MEDIDAS
Longo: 21 cm.
Alto: 30 cm.
Ancho: 9 cm.