orellas de burra

Diadema de animais e coiro

28,00 €

A serie TÍMPANOS conxuga o traballo artesanal co literario nas súas cinco pezas; cada diadema emula as orellas dun animal (gata, can, porco, burra e rato) e vai acompañado por un texto escrito ex profeso por unha escritora ou escritor galego.

Deste xeito, lógrase a simbiose entre o traballo plástico e o intelectual, entre o texto de Claudio Pato e as orellas de burra.

As pequenas variacións que pode haber entre una peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida naturalmente.

CORES

Pel negra e natural.