Arnés con carteira vertical

Arnés de cintura e hombreiros con carteira vertical desmontable

Esta peza realízase baixo pedido

280,00 €

Trátase dunha peza formada por dous corpos: unha carteira de cinto en formato vertical e un arnés de cintura e asas. Toda ela está elaborada en coiro de vaqueta negra de curtido vexetal. A peza de suxeición, o arnés, é totalmente regulable con fibelas pavonadas e a carteira está troquelada e cosida manualmente. As unións das diferentes partes da peza van cosidas con puntada xaponesa e fío encerado, ofrecendo así unha maior resistencia e evitando a utilización de remaches que poidan molestan ao contacto co corpo. Os interiores do coiro e os cantos van pulidos, suavizando deste xeito o contacto coa roupa ou coa propia pel.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente

CORES

Pel negra, natural e vermella.

COIDADOS

Para que esta peza se manteña intacta procura gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para o coidado da pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécaa delicadamente cun pano, nunca co secador.

MEDIDAS

Da carteita 17 X 11 X 1,5 cm.

para o arnés hai que especificar talla: pequena, mediana ou grande