Carteira Desmontable

Carteira e chaveiro desmontable

48,00 €

Mesturando a filosofía do “faino ti mesmo” e o traballo artesanal, JTFRT pensou unha carteira que ti tes que acabar de construír. O coiro, troquelado e envolto nunha embalaxe pensada especialmente para el onde están as instruccións, convírtense nunha carteira e nun chaveiro duradeiros, cómodos e de deseño minimal.

A costuras propias dunha peza desta natureza, son aquí reemprazadas por encaixes de coiro cos cales armar a carteira partindo dunha única peza dobrada sobre si mesma, como se dun obxecto de papiroflexia se tratase.

O tratamento da pel, con tintes e ceras naturais sobre o coiro de curtido vexetal, convirte a peza nun espazo perfecto, seguro e moi fiable para todas as cousas que soes levar no peto: tarxetas, billetes...

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.

CORES

Pel natural, marrón e negra.

COIDADOS

O tratamento que xa ten a pel convírtea nunha peza duradeira que podes hidratar coa túa crema habitual.

MEDIDAS

38 X 18cm