RAIAS

Carteira para tarxetas e moedas

25,00 €

  • apaisad@
  • vertical

A serie RAIAS consta de diferentes modelos de carteiras para tarxetas e moedas: horizontal ou vertical. Feitas de pel natural, xoga cos seus bordos aplicándolles toques de cor a modo de liñas, azul, vermello, verde ou amarelo. O brunido dos bordos enriquécese coas cores interrumpindo a superficie crú da peza e dándolle un acabado diferente e diferenciado das habituais carteiras para tarxetas e moedas.

A cor, natural, o peche de broche, seguro, os pequenos cosidos laterais, feitos a man, e os dous compartimentos interiores, converten a esta serie no complemento ideal para o teu bolsos e á vez, permíteche levar as túas pertenzas nun artefacto contemporáneo, cómodo e duradeiro cuxa apariencia varia co paso dos anos gracias ás propiedades da pel que evidencia a pegada do paso do tempo na súa superficie.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal

CORES

Pel natural cos cantos verdes, azuis, vermellos e amarelos

COIDADOS 

A peza é resistente e duradeira pero debes evitar o seu contacto co sol, a auga e líquidos como o alcol ou o aceite.

MEDIDAS

10 x 6,5 x 0,8 cm.