CASA-PETO

Petos decorativos

38,00 €

A construción das Casas-peto parten das láminas de coiro que mediante diferentes técnicas de dobrado acadan a forma final. Os cantos suavizados, o tellado coa fenda para as moedas, a base de madeira de piñeiro e o tapón de cortiza reformulan e actualizan os tradicionais petos, logrando un obxecto duradeiro, decorativo e versátil que é tan útil para aforrar como para decorar ou, simplemente, para xogar.

As variacións que pode haber entre os acabados dunha peza e outra son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal con base de madeira de pino e peche de cortiza

CORES

Pel negra, marrón, vermella e natural

COIDADOS 

A peza é resistente e duradeira pero debes evitar o seu contacto co sol, a auga e líquidos como o alcol ou o aceite.

MEDIDAS

16 x 9 x 7,5 cm.