carteira de cinto

Carteira de coiro para cadeira ou cintura

75,00 €

Seguindo as depuradas e xeométricas liñas doutros produtos, as carteiras con cinto unisex adáptanse perfectamente a cinturas e cadeiras grazas ao seu cinturón de pel axustable.

De aspecto sólido e apariencia ríxida, o seu tamaño e a súa superficie lisa, onde destacan as costuras feitas a man con fío de cera e os cantos brunidos, dotan a esta peza dunha imaxe única.

As pequenas variacións que pode haber entre elas forman parte da calidade do produto xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente

CORES

Pel negra, marrón e vermella.

COIDADOS

Para que a carteira con cinto se manteña intacta procura gardala nun lugar protexido da luz directa, da humidade e sen pesos enriba. Para o coidado da pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécaa delicadamente cun pano, nunca co secador.

MEDIDAS

17 X 11 X 1,5 cm.