Arnés para macetas

Colgante de coiro para plantas

38,00 €

Os tradicionais elementos de seguridade para deportes ao aire libre ou traballos en altura, adquiren unha nova dimensión no arnés para plantas. Para o tradicional costume de colgar plantas, JATAFARTA, propón este elemento de pel, seguro, elegante e duradeiro apto para calquera lugar. A dotación de argolas laterais facilitan colgar una cesta doutra, creando columnas de varias macetas que colgan a distintos niveis.

A pel, curtida de maneira vexetal, tinxida ou natural, resiste as inclemencias do tempo, convertindo a este arnés no complemento perfecto tanto para interior como para exterior.

As pequenas variacións que pode haber entre eles son froito da súa elaboración artesanal e forman parte da calidade do produto.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.

CORES

Pel natural, marrón e negra.

COIDADOS

Máis aló do coidado das plantas, o arnés unicamente necesitará hidratación unha ou dúas veces ao ano, segundo se coloque no interior ou no exterior, para o cal so hai que aplicar unha crema hidratante incolora sobre a súa superficie.

MEDIDAS

Diámetro: 16 cm.

Altura: 15,5 cm.