TALLER / ESTUDIO

HISTORIA

JATAFARTA é un obradoiro/estudio situado en Galicia que abriu as súas portas en 1998 e actualmente ocupa un espacio en Santiago de Compostela. Adícase fundamentalmente á produción e deseño de obxectos de coiro, sobre todo complementos e pezas de decoración, nos que en ocasión de introducen outros materiais.

Aproximándose á idea de laboratorio, intenta desenvolver un traballo centrado na procura e no estudo, tanto das diferentes técnicas do oficio e do uso da novas tecnoloxías, como das posibilidades dos materiais e das formas. Optimizar e adaptar os recursos para levar a cabo un traballo máis sostible e responsable, así como axustarse aos parámetros de creatividade, calidade e contemporaneidade, son as premisas que sustentan este proxecto.

Paralelamente ao desenvolvemento da súa actividade realiza labores de promoción e a venda directa, polo que participa en numerosas feiras e exposicións, non só no territorio galego e estatal, senón tamén no estranxeiro. Estocolmo, Milán, Londres ou Alemania. As pezas foron tamén obxecto de mostra en concursos como o Antón Fraguas, no cal o conxunto de espellos “Celia” foi seleccionado como finalista na modalidade de artesanía contemporánea, así como a colección de pisapapeis “pisar o mundo

Hoxe, as súas creacións distribúense en pequenos comercios, fiel á súa filosofía de respecto polo traballo ben feito e as compras de cercanía, e tamén na súa páxina web, consciente da importancia de chegar canto máis lonxe mellor.

Actualmente o obradoiro está inscrito no rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e pódese atopar na marca Artesanía de Galicia.

MATERIAIS

Utilízanse materias de primeira calidade, peles de curtido vexetal a base de taninos naturais elaborados mediante procesos artesanais e tradicionais onde o coiro crudo se convirte nun material que perdura no tempo e coa a mesma é respetuoso co medio ambente.

FILOSOFÍA DE TRABALLO

Nun contexto marcado pola urxencia, o auxe dun consumismo frenético, despersonalizado e perecedoiro, aprema a necesidade de sensibilizar ao público. Comezando pola concienciación ecolóxica e o aproveitamento de recursos e continuando por garantir a dignidade laboral, a artesanía preséntase como unha poibilidade de cambio: “Cada vez atopo máis esperanza nas maneiras de facer que se levan a cabo nas actividades artersanais, porque se protexen con valores como a calidade, a pequena escala, a exclusividade, o local, o traballo coidado, a creatividade e as formas de uso responsables".