Nacida en Bélxica ten o seu estudo en París desde donde desenvolve o seu labor no deseño de accesorios. No 2004 incorporouse ao estudo de deseño de Rochas e no 2006 recibiu o premio A.N.D.A.M. Xa desde as súas primeiras coleccións impuxo un estilo único e diferencido con colares de gran tamaño e xoias (de muller ou unisex) que lle dan unha nova sinxeleza ós códigos das xoias clásicas grazas ós xogos de efectos monocromáticos ou superficiais. Máis aló destas xoias, levou a cabo tamén obras artísticas moi lonxe dos patróns impostos polas restricións funcionais.

INSTALACIÓNS



Na Rockband a banda está formada pos esqueletos humanos e instrumentos musicais reais cubertos de coiro. A obra foi mostrada en numerosos lugares do mundo tras ser pensada e realizada para a boutique María Luisa de París. Nesta instalación, a artista mostra un excepcional coñecemento da anatomía, dos instrumentos musicais, da posta en escea e, sobre todo, de como traballar o coiro monocromo.

COMPLEMENTOS


A elegancia, o amplo espectro visual ou o detallismo aprécianse tamén na serie de calaveiras, adaptadas para diversos complementos como o Skull Bag ou as pulseiras suliñando os contornos e os detalles máis profundo transformándoas en xoias.

Ou no Nolex onde o xogo co luxo propón unha pulseira unisex alonxando as xoias de coiro das habituais reminiscencias co S&M ou co rock´n´roll levando, unha vez máis, o material ó límite das súas posibilidades técnicas.


Máis aló do simple xogo co material, os elementos folclóricos tamén son parte da súa obra. En concreto os temas o folclore nativo americano do cal colle as plumas, os cornos ou os capturadores de soños apropiándose do seu significado e dándolle unha nova cobertura natural de coiro; ou a apropiación de moedas antigas e símbolos cristiás, tamén, recubertos de coiro.
Ou a serie onde a inspiración vén das cores ácidas e as formas redondeadas que presentan os virus vistos ó microscopio.


A minuciosa técnica de Natalia Brilli so é posible a man, cun traballo artesán que, máis aló da súa pericia, procura no mundo real os referentes como as pastillas ou os cables dalgúns colgantes. A pericia, o traballo e o pensamento que se deixan sentir tamén nas fundas para ordenador ou nas carteiras, nas que teclado, moedas ou tarxetas de crédito saen á luz e dan a cara.

OBXECTOS

Un traballo, en definitiva, que seguindo as pautas da artesanía procura atravesar os límites do material dotándoo dun novo sentido, procura que comparte con Jatafarta e que tamén se aprecia en diferentes elementos do día a día traballados coa minuciosa técnica do recubrimento creando obras artísticas como o dominó, a guitarra coa funda ou o skateboard.