É moi posible que cando pensei en facer un peto con forma de casa, a imaxe desta peza de José Pedro Croft La casita que está na Illa das Esculturas de Pontevedra, andara bailando no meu imaxinario.

O artista portugués representa a través desta escultura un refuxio de pedra sen portas nin fiestras, nin abertura algunha que poida servir para entrar nela. É unha metáfora da cega relación entre o home e a natureza. Unha casa para vivir construída dentro doutra que é o bosque. Unha casa fría que nunca será habitada, onde so as árbores penetran nela conectándoa coa calma da contorna.

 “La Casita”
☑️Autor: José Pedro Croft
☑️Dimensións: 3,2x5x3 m
☑️Material: Granito gris perla de Mondariz.

 La Casita, José Pedro Croft


“Casa-Peto”
☑️Autora: JATAFARTA
☑️Dimensións: 16 x 9 x 7,5 cm.
☑️Material: Vaquetilla curtido vexetal .

Casa Peto, Jatafarta