Brinkos

42,00

Pendentes 100% coiro, curtido vexetal

Limpiar

Este atrevido pendente está feito a partires de bloques de coiro troquelados, de maneira que en ámbalas dúas caras teñen a textura da flor do coiro. Están engarzados un a un con prata e o enganche que prende da orella é tamén de prata.

As pequenas variacións que pode haber entre os acabados duns e doutros forman parte da calidade do produto, xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.

MATERIAL

Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente

CORES

Amarelo, vermello, azul, branco e gris

COIDADOS

Para alongar a vida dos pendentes procura gardalo nun lugar protexido da luz directa y da humidade cheo, de papel de periódico ou papel cebola, para evitar alteracións na súa forma, e sen peso enriba. Para manter a pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécao delicadamente cun pano suave e seco, nunca co secador.