Carteira desmontable
48,00€
Carteira e chaveiro desmontable
In stock
Mesturando a filosofía do “faino ti mesmo” e o traballo artesanal, JTFRT pensou unha carteira que ti tes que acabar de construír. O coiro, troquelado e envolto nunha embalaxe pensada especialmente para el onde están as instruccións, convírtense nunha carteira e nun chaveiro duradeiros, cómodos e de deseño minimal.
A costuras propias dunha peza desta natureza, son aquí reemprazadas por encaixes de coiro cos cales armar a carteira partindo dunha única peza dobrada sobre si mesma, como se dun obxecto de papiroflexia se tratase.
O tratamento da pel, con tintes e ceras naturais sobre o coiro de curtido vexetal, convirte a peza nun espazo perfecto, seguro e moi fiable para todas as cousas que soes levar no peto: tarxetas, billetes…
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente.
CORES
Pel natural, marrón e negra.
COIDADOS
O tratamento que xa ten a pel convírtea nunha peza duradeira que podes hidratar coa túa crema habitual.
MEDIDAS
38 X 18cm