Bolso Tokio
165,00€
Bolso ríxido
Este bolso é unha creación fruto do traballo de colaboración de dúas firmas JATAFARTA e mariocoiro.
Pensado desde o tradicional pregado da papiroflexia, o bolso Tokio crea unha forma xeométrica cun nítido interior. No exterior, a correa regulable faino adaptable a calquera ombro e o peche de imán invisible mantén a pureza das liñas.
Esta peza, de tamaño medio e forma de paralelepípedo é unha elección axeitada para quen gusta dos deseños sinxelos e as formas limpas.
As pequenas variacións que pode haber entre os acabados duns e doutros forman parte da calidade do produto, xa que son froito da súa elaboración artesanal e das particularidades do material.
MATERIAL
Pel de vaquetilla de curtido vexetal tinxida manualmente
CORES
Pel negra (brillante e mate), marrón e vermella
COIDADOS
Para alongar a vida do bolso Tokio procura gardalo nun lugar protexido da luz directa y da humidade cheo, de papel de periódico ou papel cebola, para evitar alteracións na súa forma, e sen peso enriba. Para manter a pel é recomendable hidratala unha ou dúas veces ao ano cunha crema específica ou coa túa hidratante habitual (sempre e cando non conteña siliconas ou produtos derivados do petróleo). Se se molla, sécao delicadamente cun pano suave e seco, nunca co secador.
MEDIDAS
18x15x7 cm