O coidado do coiro

A versatilidade, a beleza ou a durabilidade son cualidades do coiro e que o convierten nun material cada vez máis presente no noso día a día; roupa, complemetnos ou pezas para o fogar realízanse con este material que envellece (ben) co tempo e co uso. Para que este paso do tempo sexa o máis óptimo posible e a pel mostre o seu mellor aspecto precisa uns coidados e un mantemento.

EVITAR FONTES DIRECTAS DE CALOR

Hai algunhas normas que, polo xeral, poden ser aplicadas a todo o elaborado con este material: roupa, sofás… como, por exemplo, mantelos alonxados de fontes directas de calor como radiadores, chemineas ou, incluso, o sol xa que poden secalo e provocar o seu cuarteamento; ou do exceso de humidade, que favoce a aparición de fungos.

GARDAR EN LUGARES SECOS E TRANSPIRABLES

Polo que se refire a prendas ou complementos é importante gardalos nunha bolsa de algodón branco; dado que o coiro é un material orgánico a bolsa de algodón, a diferencia da de plástico, favorece a súa transpiración e o branco é preferible posto que evitar posibles transferencias de cor.

UN PANO HÚMIDO É SUFICIENTE

A pel sí tolera certo grado de humidade, pero isto non implica que non debamos secala cando se molla. Para secala, so temos que coller un pano ou toalla suave que nos axuden a eliminar o exceso de auga con movementos delicados, evitar sempre o secador e deixalo ó aire para que se seque totalmente.

Máis aló de chaquetas, bolsos, zapatos ou pulseiras, os sofás tapizados en coiro (ou calquera outro moble) precisan unha especial atención para a súa limpeza e mantemento para conservar a súa elegancia e calidade.

Dada a porosidade do material, é importante evitar a acumulación de po polo que hai que limpalo a miúdo cun pano ou cepilo suave facendo fincapé nas partes mási inaccesibles, alí donde está pregado ou hai ángulos máis pechados. Para retirar o po tamén podemos usar o complemento do cepillo da aspiradora con coidado evitando deixar marcas.

De seguido podemos aplicarlle un produto específico para limpar e coidar a pel, ou usar remedios caseiros para manchas concretas: toallitas de bebé para eliminar rapidamente manchas de comida ou bebidas sen dañalo ou o desmaquillante diario para eliminar as manchas de tinta. Para o coidado xeral, a opción máis sinxela e recomendable é usar un pano suave e vinagre branco e, a continuación, secalo con outro pano ou unha toalla seca para eliminar calquera resto de humidade. E importante evitar sempre os produtos químicos que estropean o coiro.

A HIDRATACIÓN

Co paso do tempo a cualidade orgánica do coiro implica unha certa tendencia a que se seque e se cuartee por iso tamén é importante a hidratación. Para iso podemos usar produtos específicos ou botar man dunha crema hidratante que non conteña nin silicona nin produtos derivados do petróleo. Ou ben facer unha mixtura caseira cunha parte de vinagre branco e dúas de aceite de linaza ou de sementes de liño e aplicala cun pano suave e limpo con movementos amplos e circulares e deixala actuar toda a noite antes de pulilo cun pano limpo para restaurar todo o seu brillo.