CORRESPONDENCIAS: Mar Vicente e Jatafarta

Mar Vicente é unha querida amiga e unha recoñecida artista galega que traballa nos límites da pintura coa escultura. En Escaleira de parede aplica cores primarias coidadosamente nos bordes dos módulos e amosa como se comportan nos cambios de planos e nos esposos fronteira.

Á esquerda unha foto feita por María Esteirán cunha pila de carteiras da colección Raias que sempre considerei unha homenaxe á obra de Mar.

Mar Vicente

“Escaleira de Parede” 2007

☑️Autora: Mar Vicente
☑️Dimensións: 90 x 100 x 70 cm.
☑️Material: Acrílico sobre madeira enteada.

Raias, Jatafarta

☑️Autora: Jatafarta
☑️Dimensións: 10 x 6,5 x 0,8 cm.
☑️Material: Vaquetilla curtido vexetal