
CORRESPONDENCIAS: Dan Graham e Jatafarta
De novo na Illa das esculturas, hai unha peza que veu rescatada da Bienal do Porriño e que agora descansa ao carón do Lérez, Pyramid, unha maravillosa escultura de Dan Graham que encerra os misterios da proporción e da divinidade coas tres pirámides inscritas.
Á dereita o bolso Tokio que xunto a Mariocoiro procuramos facer coa técnica da papiroflexia, pregando a pel sobre si mesma para conseguir os volumes nunha sorte de planos e caras irregulares.
☑️Autor: Dan Graham
☑️Dimensións:190x190x190 cm.
☑️Material. Granito rosa Porriño
☑️Autoras:Mariocoiro + Jatafarta
☑️Dimensións:18x15x7 cm.
☑️Material:pel de curtido vexetal