matamoscas

Matamoscas de coiro e madeira de pino. 

15,00 €

  • cadrado
  • redondo
  • triangular

Os matamoscas, están feitos de coiro de curtido vexetal e tinguidas artesanalmente. O mango é de madeira de pino e a pa de coiro está dispoñible en tres cores: marrón, vermello e natural. No punto de unión entre o mango e o coiro leva dous remaches de latón, que o fai resistente aos golpes. Ten ademais no extremo un cordón de coiro para colgar.

Dispoñemos tres modelos diferentes que parten de tres formas simples o cadrado, o triángulo e o círculo.

Son pequenas pezas á vez funcionais e decorativas.