espello estante

Espello estantería de coiro e madeira. 

79,00 €

  • 28 cm
  • 35 cm
  • 45 cm

Esta peza está realizada partir da adaptación dos clásicos aros de peneira que actúan como bastidor para tensar o coiro que conforma o estante. A peza complétase con un espello adaptado á medida do círculo e cunha correa a modo de cinto, que serve de colgadoiro, e que se regula con dúas fibelas de latón, sendo moi fácil a súa colocación.

O espello-estante é á vez funcional e decorativo e está dispoñible en tres tamaños diferentes: 28cm., 35cm. e 45cm. Este moble auxiliar é perfecto para colocar de maneira fácil en calquera lugar.

Tanto o coiro como a madeira van ao natural mantendo as particularidades do material que fai que escurezan co paso do tempo.